Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Novas > Memoria visual da costa

Vidas Mariñeiras inicia a creación dun fondo fotográfico histórico para recoller a memoria visual da zona

A iniciativa é un proxecto colaborativo destinado nun principio a centros educativos. Pretende recoller fotos antigas relacionadas co mundo do mar dos municipios de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene, Ares, Mugardos, Neda, Narón e Ferrol para crear un álbum dixital e unha mostra itinerante.

A memoria fotográfica do mundo do mar. Ese é o tema da exposición que o GALP Golfo Ártabro Norte quere abordar coa posta en marcha dunha recollida de fotografías antigas. Nun principio, traballarase cos centros educativos dos municipios da contorna, se ben poderán recibirse fotografías achegadas dende calquera ámbito.

As imaxes conformarán un fondo fotográfico que será xestionado polo GALP e co que se fará un álbum dixital e unha mostra itinerante. Para achegar fotografías é necesario escanealas en formato jpg a 300 px e envialas por correo electrónico xunto con este FORMULARIO. O obxectivo é ter un rexistro documental o máis detallado posible da orixe da fotografía e dispor dos permisos de utilización da mesma. Dentro do prosible tratarase de ubicar a fotografía nun mapa, para crear unha ferramenta interactiva. As bases poden consultarse no CARTEL.

O resultado desa recopilación fotográfica durante o 2019 está neste vídeo que recolle esa memoria visual do mundo do mar do noso entorno. De tódolos xeitos a recollida de fotos continúa. Poden mandalas, xunto co formulario, ó correo: galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal

As curtametraxes gañadoras do Ártabro Norte proxéctanse na Casa da Cultura de Pontedeume

Os traballos levan por título Abrir os ollos, unha peza feita polo alumnado de 4º de la ESO do IES Breamo arredor da contaminación na desembocadura do Eume e Atlántico de plástico, feita por alumnado de 2º e 3º da […]
Ler máis

Ábrese a inscripción da edición 2019 do programa Vidas Mariñeiras, destinado á comunidade educativa

Os centros de secundaria e formación profesional dos municipios de Ares, Miño, Mugardos, Pontedeume, Paderde, Cabanas, Neda, Fene, Narón e Ferrol poden sumarse un ano máis ó proxecto Vidas Mariñeiras que cumpre neste 2019 a súa terceira edición. O programa […]
Ler máis