Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Películas > Golfo Ártabro Norte

Marea de mulleres

Unha curta do CPI As Mirandas, Ares [2017]

Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do que era o seu oficio e as súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas.

Realizada por: Uxía Amorín Gómez, Icía Bermúdez Fornos, Vera Candal Jacob, Vanessa Carpente Martínez, Aitana Feal Vilar, Adrián Fernández Filgueiras, Lara Fonte Allegue, Miriam Giraldo Herrera, Paula López Vilasánchez, Isabel Maceiras Varela, Carmen Martínez Dragó, Yasmina Martínez Oufquir, Paula Mesías Fernández, Julia Roade Conejo, Verónica Rodríguez Martínez, Borja Souto Prego, Judith Zabala Martínez.

De corazón, mariñeiro

A través das palabras de Vituco, da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, mergullámonos na ría de Ferrol para coñecer algunhas das especies que a habitan, ao tempo que coñecemos o traballo que desenvolve o seu equipo científico. Realizada por: Ángelo […]
Ler máis

Mans salgadas

Mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus antigos oficios. Emocionantes filmacións e fotografías de arquivo, xunto cos poemas de Luisa Castro e de Manuel María, acompañan esta memoria de Foz. Realizada […]
Ler máis