Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Películas > Mariña Ortegal

Mans salgadas

Curtametraxe do IES de Foz [2018]

Mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus antigos oficios. Emocionantes filmacións e fotografías de arquivo, xunto cos poemas de Luisa Castro e de Manuel María, acompañan esta memoria de Foz.

Realizada por: Iria Araúzo, Rosa Martín, Eva Martínez, Manuel Menacho, Carla Neira, Carla Palmeiro, Marta Rega, Yan Rodil e Uxía Rodríguez.

Marea de mulleres

Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do que era o seu oficio e as súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas. Realizada por: Uxía Amorín Gómez, […]
Ler máis

Todos os días ó mar

Retrato do día a día da tripulación do palangreiro de fondo Raúl Primero no seu duro traballo, dedicado á pesca artesanal no Gran Sol. Unha viaxe continua de ida e volta ao mar. Realizada por: Emma Alonso Álvarez, Saray Calvo Heras, […]
Ler máis