Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Películas > Golfo Ártabro Norte

Luces na costa

Unha curtametraxe do IES Ferrol Vello [2019]

Dúas mulleres distintas pero con algo en común, ambas son refuxio e referencia para quen traballa no mar. Mercedes vive e traballa en Cabo Prioriño como farera. Maribel é a dona do Bar Anca, a taberna en activo máis antiga de Ferrol Vello.

Realizada polo alumnado: Daniela Cantón Leira, Hugo Carreira Rey, Fátima Codesal Márquez, Marina Fernández Carnero, Cisco Guerrero Castro, Adrián Pérez Pena, Iván Piñeiro Pastoriza, Adrián Romero Núñez, Alejandro Ramos Niebla. Profesorado: Andrés Fernández. Coordinación: Cristina de la Torre.

Coa participación de: Maribel Fernández Marcaró, Mercedes Aranzeta.

Genoveva é nome de barco

Historicamente, Mugardos foi un dos principais portos de baixura do Golfo Ártabro, pero as novas xeracións semellan desconectadas desta tradición mariñeira, o que dificulta o relevo. Unha conversa nun aula pode ser o inicio do cambio. Realizada polo alumnado Alexandro Anido […]
Ler máis

O camiño das Mirandas

Unha moza busca na tradición mariñeira da súa vila natal inspiración e recursos para imprimir identidade a un proxecto empresarial. Busca nas paisaxes, nas xentes e nas historias de mar, deixándose levar pola conversa e o camiño.  Realizada polo alumnado: Clara […]
Ler máis