Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Películas > Golfo Ártabro Norte

Entre o río e o mar

Unha curta do IES Breamo, Pontedeume [2017]

Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume.

Realizada por: Belén Carballeira Ageitos, Vítor Castelos Pérez, Lucía Cots Vera, María López Álvarez, Cástor Regueira Dosil, Sara Rubido Varela e Emilio Sánchez Ródenas.

Premio Mellor Guión (niveis de ensinanza non universitaria) no OUFF Escola 2018

Abrir os ollos

Abrir os ollos é un filme documental que quere trasladar unha preocupación: a contaminación das augas e a contorna na desembocadura do río Eume. A través de testemuñas, reflexións e unha mirada ao pasado, o filme pregúntase polo noso lugar nun […]
Ler máis

De corazón, mariñeiro

A través das palabras de Vituco, da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, mergullámonos na ría de Ferrol para coñecer algunhas das especies que a habitan, ao tempo que coñecemos o traballo que desenvolve o seu equipo científico. Realizada por: Ángelo […]
Ler máis