Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Películas > Golfo Ártabro Norte

Atlántico de plástico

Unha curta do IES Canido de Ferrol [2018]

Mesturando de forma valente diferentes narrativas cinematográficas (ficción, documental, ensaio), o filme Atlántico de plástico amosa unha rigorosa investigación realizada polas súas autoras sobre a contaminación que supoñen os microplásticos nas nosas praias e mares.

Realizada por: Alba Díaz-Caneja, Claudia Felgar, Carlos Pouso, Sara Romero, Inés Rosa, Carmen Mato, Nicolás Tajes, Ana Rubín, Candela Blanco e Paola Arroyos.

La General

Un vello diario pon a Antía sobre a pista das súas orixes familiares, vinculadas cun tráxico suceso, o naufraxio da General. Coas anotacións do seu visavó, poderá reconstruir un momento na vida do Ferrol Vello de mediados do século pasado. Realizada […]
Ler máis

Abrir os ollos

Abrir os ollos é un filme documental que quere trasladar unha preocupación: a contaminación das augas e a contorna na desembocadura do río Eume. A través de testemuñas, reflexións e unha mirada ao pasado, o filme pregúntase polo noso lugar nun […]
Ler máis