Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Películas > Golfo Ártabro Norte

Abrir os ollos

Unha curta do IES Breamo, Pontedeume [2018]

Abrir os ollos é un filme documental que quere trasladar unha preocupación: a contaminación das augas e a contorna na desembocadura do río Eume. A través de testemuñas, reflexións e unha mirada ao pasado, o filme pregúntase polo noso lugar nun mundo que debería estar máis concienciado con este problema.

Realizada por: Vítor Castelos Pérez, Alba Faria Cordeiro, Antón Feal Pena, María López Álvarez, Judith Miser Campello, Cástor Regueira Dosil, Ana Rodríguez Carballeira e Sara Rubido Varela.

Atlántico de plástico

Mesturando de forma valente diferentes narrativas cinematográficas (ficción, documental, ensaio), o filme Atlántico de plástico amosa unha rigorosa investigación realizada polas súas autoras sobre a contaminación que supoñen os microplásticos nas nosas praias e mares. Realizada por: Alba Díaz-Caneja, Claudia Felgar, Carlos Pouso, […]
Ler máis

Entre o río e o mar

Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume. Realizada por: Belén Carballeira Ageitos, Vítor […]
Ler máis