Filmes realizados pola mocidade para redescubrir o seu entorno próximo.
Golfo Ártabro Norte Mariña OrtegalRetrato do día a día da tripulación do palangreiro de fondo Raúl Primero no seu duro traballo, dedicado á pesca artesanal no Gran Sol. Unha viaxe continua de ida e volta ao mar. Realizada por: Emma Alonso Álvarez, Saray Calvo Heras, […]
Ler máis
Mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus antigos oficios. Emocionantes filmacións e fotografías de arquivo, xunto cos poemas de Luisa Castro e de Manuel María, acompañan esta memoria de Foz. Realizada […]
Ler máis
Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do que era o seu oficio e as súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas. Realizada por: Uxía Amorín Gómez, […]
Ler máis
A través das palabras de Vituco, da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, mergullámonos na ría de Ferrol para coñecer algunhas das especies que a habitan, ao tempo que coñecemos o traballo que desenvolve o seu equipo científico. Realizada por: Ángelo […]
Ler máis
Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume. Realizada por: Belén Carballeira Ageitos, Vítor […]
Ler máis
Abrir os ollos é un filme documental que quere trasladar unha preocupación: a contaminación das augas e a contorna na desembocadura do río Eume. A través de testemuñas, reflexións e unha mirada ao pasado, o filme pregúntase polo noso lugar nun […]
Ler máis
Mesturando de forma valente diferentes narrativas cinematográficas (ficción, documental, ensaio), o filme Atlántico de plástico amosa unha rigorosa investigación realizada polas súas autoras sobre a contaminación que supoñen os microplásticos nas nosas praias e mares. Realizada por: Alba Díaz-Caneja, Claudia Felgar, Carlos Pouso, […]
Ler máis
Un vello diario pon a Antía sobre a pista das súas orixes familiares, vinculadas cun tráxico suceso, o naufraxio da General. Coas anotacións do seu visavó, poderá reconstruir un momento na vida do Ferrol Vello de mediados do século pasado. Realizada […]
Ler máis
Unha moza busca na tradición mariñeira da súa vila natal inspiración e recursos para imprimir identidade a un proxecto empresarial. Busca nas paisaxes, nas xentes e nas historias de mar, deixándose levar pola conversa e o camiño. Realizada polo alumnado: Clara […]
Ler máis
Dúas mulleres distintas pero con algo en común, ambas son refuxio e referencia para quen traballa no mar. Mercedes vive e traballa en Cabo Prioriño como farera. Maribel é a dona do Bar Anca, a taberna en activo máis antiga […]
Ler máis
Historicamente, Mugardos foi un dos principais portos de baixura do Golfo Ártabro, pero as novas xeracións semellan desconectadas desta tradición mariñeira, o que dificulta o relevo. Unha conversa nun aula pode ser o inicio do cambio. Realizada polo alumnado Alexandro Anido […]
Ler máis
Unha mañá, Brais descubre que seu pai está mariscando como furtivo e decide tomar partido. Inicia unha pesquisa por peiraos, despachos e acantilados para coñecer o proceso necesario para ser un percebeiro legal. Realizada polo alumnado: Estefanía Silva Beceiro, Alba […]
Ler máis