Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

O proxecto

Vidas Mariñeiras é un proxecto do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte. Naceu como unha experiencia educativa que empregaba o audiovisual como medio de achegamento da mocidade ó sector pesqueiro, con programas formativos realizados nos institutos de secuyndaria da zona. Así, durante tres anos (2017, 208 e 2019), realizáronse curtametraxes inspiradas no mundo do mar e que poden verse no apartado de PELÍCULAS.

Esa traxectoria de traballo cos centros educativos e outros axentes do territorio, creou sinerxias que se decidiron aproveitar transformando Vidas Mariñeiras nun espazo dende o que descubrir o territorio con contidos xeorreferenciados. O seu MAPA permite coñecer as xentes e os lugares reivindicando a tradición mariñeira e reforzando a polo sector pesqueiro e os recursos do mar.

A proposta complétase cun espazo para DIDÁCTICAS creado para poñer en valor os contidos do proxecto. Con iso quérese aportar recursos ós centros educativos para traballar no aula co entorno máis próximo, xa que os colexios son un motor clave para a creación de autoestima e a aposta polo territorio. 

GALP Golfo Ártabro Norte [Contacto]