Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Mapa

Contidos xeorreferenciados para poñer imaxe e voz ó territorio.

Aprende Consume Descubre

Lonxa de Ferrol

Xa hai anos que a poxa a viva voz foi substituída nas lonxas por unha aplicación web. Na de Ferrol as seis da mañá faise a do peixe e marisco, e as dúas, a dos bivalvos capturados na ría.

Caldeirada de escacho

O escacho é un peixe de roca que podemos atopar todo o ano no mercado. Así o prepara en caldeirada o alumnado do IES Fragas do Eume de Pontedeume.

Turismo activo

Bogar nas rías de Pontedeume ou Miño, camiñar as Fragas do Eume e a Reserva da Biosfera… Marmar Outdoor organiza actividades creando un novo valor para o territorio.

Marisqueo con raño

Nas rías de Miño, Pontedeume e Ferrol traballan centos de persoas extraendo ameixa, berberecho e otros moluscos dende embarcacións con raño. A pé de peirao explican como.

Ameixa fina ou xapónica?

A ameixa é un dos produtos estrela do Golfo Ártabro Norte. No caso de Pontedeume abundan a xapónica e a fina, con prezos e propiedades gastronómicas moi diferentes.

Dique de mareas

O dique de mareas da Cabana, na ría de Ferrol, construíuse en 1810 e foi restaurado no 2019 cunha axuda do GALP Golfo Ártabro Norte. É a primeira industria naval civil da zona da Graña.

Conversa en Meirás

A mañá dos percebeiros de Meirás non remata nas rocas, antes de ir á lonxa limpan e seleccionan o produto. É o momento de valorar a xornada e tamén, de botar un conto, claro.

Centolo ou centola?

A Confraría de Barallobre, en Fene, ten venda directa do marisco da ría dende a súa lonxa ou online. E de paso, axúdannos a escoller, como nesta explicación do seu patrón, Jorge López.

Xacemento de Caldoval

Esta villa romana a mare foi atopada na Punta Promontorio e reubicada neste Centro de Interpretación, en Mugardos. Son os baños da casa dun posible comerciante do Golfo Ártabro.

Lonxa de Ferrol

Hai anos que a poxa de peixe cantada substituíse por unha aplicación web. Visitamos a da lonxa de Ferrol, onde aparte da poxa profesional, a confraría ten un punto de venda directa.

As redes do cerco

Os barcos do cerco aproveitan os días que non saen ó mar para preparar as redes. No peirao de Ares, a tripulación do Agarimo Dous repara redes de reposto para evitar imprevistos na mar.

A serea das Mirandas

Unha serea, un nobre e un castelo sumerxido baixo as illas das Mirandas. Estes son os ingredientes desta lenda inspirada nunha das rutas máis impresionantes do Golfo Ártabro Norte.

A fareira do Golfo Ártabro

Mercedes Aranceta supervisa trinta e tres luces na costa dende Miño a Ferrol, incluindo os faros de Punta Frouxeira, Prioriño Chico e Cabo Prior. Visitamos con ela, este último.

A anguía do Xuvia

Ata que a ciencia botou luz sobre o seu extraordinario ciclo biolóxico, a anguía estivo rodeada de misterio e tópicos. Hoxe é minoritaria, pero en Narón, aínda se pesca no Xuvia.

Polbo á mugardesa

Cocer o polbo ó vapor ten vantaxes, no sabor e no rendemento. Así fan en Amaragotas Restaurante, de Mugardos, onde fusionan cociña tradicional galega con receitas do Brazil.

Naufraxio na ría de Ferrol

En febreiro de 1947 unha lancha de pasaxeiros que unía os peiraos de Ferrol e Mugardos, coñecida como La General, afundiuse na ría con deceas de persoas a bordo.

A pesca da centola

As artes de enmalle, como a do Miño, empréganse na pesca artesanal para adaptarse ás tempadas de cada captura. Saímos co Yak 42, de Ares, a pescar centola para o nadal.