Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Novas

Estreamos as seis curtas da edición 2019 de Vidas Mariñeiras cun evento no Teatro Jofre de Ferrol

As curtas, realizadas durante os meses de outubro e novembro ofrecen a mirada da rapazada sobre o entorno mariñeiro de Pontedeume, Ares, Mugardos, Narón e Ferrol. Foron ideadas e gravadas polos estudantes, que tamén participaron da montaxe e inclúen ficción e documental.

Durante máis de dous meses, preto de cen estudantes desenvolveron unha creación audiovisual dentro do programa VIDAS MARIÑEIRAS, promovido polo Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ártabro Norte. Na súa terceira edición, foron cinco os centros que participaron desta formación que pretende achegar o mundo do mar á mocidade e xenerar contacto e diálogo entre os centros educativos e o seu entorno máis próximo.

O resultado son seis curtametraxes que mesturan ficción e documental e que ofrecen un retrato diverso e moi achegado á realidade e intereses dos estudantes. A estrea será este xoves 19 de decembro ás 18.00 horas no Tetaro Jofre de Ferrol. Ó evento acudirán membros das comunidades educativas de Ferrol, Mugardos, Pontedeume, Ares e Narón, na que agardamos que sexa unha xornada tamén de convivencia e celebración.Para asistir como público pódese reservar invitación no correo electrónico info@vidasmarineiras.gal. 

Estes son os centros participantes e os títulos das curtametraxes:

  • IES Mugardos, MUGARDOS: «Genoveva é nome de barco»
  • CPI As Mirandas, ARES: «Camiño das Mirandas»
  • IES Breamo, PONTEDEUME: «Herdeira»
  • IES Terra de Trasancos, NARÓN: «Vida furtiva»
  • IES Ferrol Vello, FERROL: «Luces na costa» e máis «La General»

Arrancan as rodaxes sobre o mundo do mar con percebeiros, mariscadoras, baixura, mulleres e lendas do Golfo Ártabro Norte.

As luces da costa identificadas nunha taberna e nun faro; o relevo xeracional na baixura; a inspiración nas lendas e na tradición mariñeira; o marisqueo como forma de vida; o pasado mariñeiro desdibuxado… Estos son os temas ideados pola rapazada […]
Ler máis

Máis de duascentas persoas reúnense no Jofre para a estrea das curtametraxes de Vidas Mariñeiras

O pasado 19 de decembro foi unha xornada cargada de emoción nas butacas do Teatro Jofre de Ferrol. Alí se reuniron máis de duascentas persoas das comunidades educativas, do sector pesqueiro e dos gobernos municipais de Ares, Mugardos, Pontedeume, Ferrol […]
Ler máis