Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Novas > Realización de curtametraxes

Estrea de “Abrir os ollos” e “Atlántico de plástico” no Jofre

O Teatro Jofre acolleu o martes 18 de novembro a estrea das curtametraxes de Vidas Mariñeiras, o programa formativo que por segundo ano promove o GALP Golfo Ártabro Norte entre os centros de ensino dos concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume. As pezas poderanse ver nesta mesma web a partir de xaneiro de 2019.

As sesións de teoría e de práctica en guionización, dirección e realización dun filme que durante un par de meses o alumnado gañador do concurso de ideas remataban neste broche final por todo o alto, coa presencia dos protagonistas, colaboradores, cineastas, profesorado e socios do GALP Golfo Ártabro Norte.

Nesta segunda edición, as curtametraxes xiraban arredor da preocupación polo presente e o futuro dos nosos mares, denunciando a contaminación e preguntándose pola concienciación do ser humano aeste respecto.

O equipo que dirixiu e produciu “Abrir os ollos”, que xa tiña participado o ano pasado, fixo este ano unha unha curta que “non é tan amable”, segundo explicou Judith Miser, unha das cineastas de 4º da ESO do IES Breamo. “É algo que vivimos todos nós que é a contaminación, a nosa vila é moi bonita pero estamos empezando a destrozala”, explicou Judith Miser. E é que Abrir os ollos é un filme documental que quere trasladar unha preocupación: a contaminación das augas e a contorna na desembocadura do río Eume.

O alumnado agradeceu tamén a compresión do profesorado á hora de poñer menos deberes durante o tempo que durou a formación, recordando que o ensino “non se basea só en facer exames e actividades coma esta son de moita axuda para a nosa creatividade”.

“Atlántico de plástico”, unha peza que fala da contaminación por microplásticos, parte dunha xornada de surf no corpo dunha das cineastas, Carmen, e contou coa colaboración do equipo científico da Estación biolóxica da Graña. Xiana do Teixeiro e Emilio Fonseca, docentes que impartiron a formación, lembraron tamén a relevante participación de Manuel en “Abrir os ollos”, que fora presidente da Confraría de Pescadores de Pontedeume.

No acto participou a presidenta do GALP en funcións, María José Crespo.

Alumnado de Foz e Burela leva ao cine dous emocionantes retratos de oficios mariñeiros

Quince rapazas e dous rapaces conformaban os grupos que dirixiron, baixo a coordinación do Laboratorio NUMAX e cos docentes Xurxo Ínsua e Marcos Flórez, “Mans salgadas”, dous emocionantes retratos de veciñas e veciños de Foz falando dos oficios mariñeiros que […]
Ler máis

As curtametraxes gañadoras do Ártabro Norte proxéctanse na Casa da Cultura de Pontedeume

Os traballos levan por título Abrir os ollos, unha peza feita polo alumnado de 4º de la ESO do IES Breamo arredor da contaminación na desembocadura do Eume e Atlántico de plástico, feita por alumnado de 2º e 3º da […]
Ler máis