Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Didácticas > Natureza

Roteiro de Ares a Chanteiro

A paisaxe ten lecturas, dende o punto de vista da bioloxía, a xeoloxía e tamén a narración. Entre as vilas de Ares e Chanteiro hai un sendeiro que percorre a costa e que pasa polas Illas das Mirandas. Un sendeiro de 15 quilómetros no que podemos identificar formas nas rochas, prantas e animais, pero tamén deixarnos levar por lendas como esta da serea das Mirandas. Propoñémoste este inicio de viaxe.

Comezamos ao pé da ermidade Chanteiro, baixamos á praia,cruzamos o rego quedesemboca nela e enfiamos porun carreiro que vai gañando altura ata levarnos á pista moipreto da punta Coitelada

Seguimos á dereita para dobrara punta e no remate do camiñotemos un carreiro que vaisubindo e baixando, por enribada liña dos cantís, paraachegarnos á enseada doAreoso, logo o carreiro méteseao interior ata enlazar nunhapista en Sobre da Area.

Collemos á dereita entramos noasfalto para deixalo na primeira curva, desviándonos á dereita por unha pista de terra que nos leva á punta Avarenta. Desde a punta Avarenta subimos pola estrada da EDAR e nela collemos o segundo cruce á dereita.

Pasadas as casas sae do camiño outro á dereita, que ten un sinal de vía cortada, que nos leva por un tramo arborado lonxe do mar, pero o máis preto del que se pode, ao longo de 1 km aproximadamente, ata un punto no que sae outro camiño á dereita que tamén ten o sinal de vía cortada polo que baixamos ata onde remata para achegarnos á punta Insuela na que se atopa o castro de Santa Mariña e a cova dos Mouros.

O camiño segue á esquerda do castro para achegarse á punta do Boi, á que se accede por un carreiro. De volta no camiño imos na busca do seguinte punto de interese do percorrido, a punta Augamexa, da que collemos como referencia o sitio no que o camiño cruza un regueiro e despois de pasalo baixamos pola beira ata a o cantil desde onde se pode ver a fervenza que forma a caída ao mar do regueiro.

Volvemos ao camiño e continuamos transitando sempre polos espazos e carreiros máis achegados ao mar, chegamos a unha pista que baixa e collemos por ela que remata nunha pontella de madeira debaixo da que pasa outro regatiño que tamén cai en fervenza pero que non é doado de ver aínda que unha parte se ve desde un alto que hai máis adiante, antes de que o camiño vire á esquerda para saír á estrada.

Na estrada imos á dereita para deixala un cento de metros máis adiante para achegarnos á praia da Barrosa á que se baixa por unha longa escaleira de máis de un cento de chanzos con numerosos descansos. Desde aquí continuamos pola beira do cantil para percorrer un tramo de pequenos seos que acollen entre puntas e saíntes praias ás que se pode baixar por longas escaleiras.

Na punta de Centeás o camiño sepárase da costa para saír á estrada que podemos coller cara á dereita para pasar pola punta do Castelo imposible de ver nin de achegarse alí porque o cobre todo o mato, ou á esquerda e logo o primeiro desvío á dereita, para pasada unha curva, chegar á escaleira que permite baixar ao paseo do porto, á praia e á vila de Ares, onde rematamos.

O percorrido é duns 15 km, 3 km máis (ida e volta) se desde Chanteiro nos achegamos á punta Segaño desde onde se ve a boca da ría de Ferrol e o porto Exterior, a longa canle da entrada e o tramo da costa de Ares que da a ela.

Consumo responsable do mar

Os galegos estamos á cabeza en consumo de peixe e marisco en España con case 30 quilos de media por persoa ao ano. Un dato que encaixa con que tamén encabecemos as vendas internacionais de peixe e conservas. Os dez […]
Ler máis

Os faros, tecnoloxía milenaria

Os faros foron dende a Antigüidade a guía e seguro para a navegación dos barcos. Co tempo, foron incorporando novas tecnoloxías e mudando usos pero en pleno século XXI, cando todos levamos un GPS no peto, seguen sendo fundamentais para […]
Ler máis