Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Didácticas > Natureza

Os plásticos no mar

Hai plástico por todos lados, desde o Ártico ata a Antártida, mesmo no noso intestino, ata onde chegan os microplásticos

Calquera praia galega contén lixo orixinado en polo menos dez países diferentes, e case todo é plástico. O principal problema deste material radica en que tarda moito tempo en degradarse e desaparecer, podendo pasar centos de anos. Onde chega é un verdadeiro problema, e ata agora só o 9% de todo o plástico que xeramos reciclouse, o 12% incinerouse e o 79%, a inmensa maioría , acabou no medio ambiente que nos rodea, especialmente no mar. O ONU calcula que hai esparexidas 9000 millóns de toneladas por todo o planeta, atopouse plástico desde a Antártida ata o Ártico.

Nos océanos hai verdadeiras illas de plástico flotando. A máis grande está no océano Pacífico, a medio camiño entre Hawai e California, cunha extensión que equivale a Francia, España e Alemaña xuntas. Pero tamén hai outras máis pequenas, ou que se xeran de forma temporal, no mar do Caribe, no Atlántico ou no Índico.

Os plásticos están compostos de moléculas moi grandes derivadas do petróleo. Son fáciles e baratos de obter, por iso popularizáronse tanto, sobre todo durante o século XX. Algúns plásticos da vida diaria son o polietileno, do que se obteñen as bolsas, os tetrabriks, os vasos ou as botellas; o polipropileno, que está presente nos coches, desde os parachoques ata a moqueta; o vinilo ou PVC; e o poliestireno, que é o Porexpan.

Na actualidade, un dos principais problemas son os microplásticos, que chegan a colarse na cadea alimentacia. Mentres algúns animais morren ao consumilos pola súa toxicidade, os que sobreviven introducen os microplásticos no noso corpo ao comelos. Xa se detectaron en feces de persoas de Europa, Xapón e Rusia. Os microplásticos primarios son aqueles que chegan ao mar tal e como os tiramos, e teñen forma de microesferas. Os secundarios prodúcense a partir da degradación doutros produtos. Ademais de en bolsas e tapóns, os microplásticos están tamén nos xabóns, nas cremas, nos champús, nos deterxentes, nas fibras sintéticas… Productos que consumimos a diario e que van directos ao mar a través das nosas tubaxes, e acaban colonizando o noso corpo.

Actividades

1. Barrer o mar

Nalgúns portos hai barcos chamados «tipo pelícano» que recollen o lixo que flota no mar, facendo pasar a auga por un filtro que os atrapa. Que outros sistemas se vos ocorren para recoller residuos plásticos da auga?

2. Converter o lixo en arte

Na asociación Retoque Retro fan arte cos refugallos que atopan na praia, como a que podedes ver nas imaxes. Levade a clase restos de plásticos que xenere a túa familia na casa, e por grupos creade obras artísticas usando a vosa imaxinación.  

3. Unha vida libre de plástico

Cada un de nós consume de media máis de 140 bolsas de plástico ao ano, e o 90 % delas teñen un só uso. Diseñade un plan para reducir o voso consumo de plástico en xeral e aplicalo durante unha semana, podedes tomar ideas do blogue Vivir sen plástico (https://vivirsinplastico.com/). Despois dese tempo, poñede en común a experiencia. Cal é o plástico máis complicado de non usar? Que materiais pódense reciclar en moitos usos máis facilmente? Poderiades afaceros a unha vida sen plástico?


A romanización dos ártabros

As condicións naturais do Golfo Ártabro favoreceron dende sempre as actividades pesqueiras e comerciais da rexión. Partindo do exemplo do Museo de Caldoval e a súa Villa a mare, analizamos a importancia destas actividades dende tempos romanos. O Golfo Ártabro […]
Ler máis

Consumo responsable do mar

Os galegos estamos á cabeza en consumo de peixe e marisco en España con case 30 quilos de media por persoa ao ano. Un dato que encaixa con que tamén encabecemos as vendas internacionais de peixe e conservas. Os dez […]
Ler máis