Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Didácticas > Historia

Os faros, tecnoloxía milenaria

Os faros foron dende a Antigüidade a guía e seguro para a navegación dos barcos. Co tempo, foron incorporando novas tecnoloxías e mudando usos pero en pleno século XXI, cando todos levamos un GPS no peto, seguen sendo fundamentais para navegación mundial.

No Golfo Ártabro Norte hai tres faros: Cabo Prior, Cabo Prioriño e Punta Frouxeira. Todos eles son responsabilidade dunha única fareira, Mercedes Aranceta, quen ademais vive nun dos faros.

Características dos faros

Un faro é unha construción de sinalización luminosa situada en puntos costeiros para a axuda á navegación. A súa construción debe favorecer a súa visibilidade e resistencia aos envites dos temporais de vento e ondas. Por iso normalmente teñen forma de torres.

As partes fundamentais dun faro son: a lanterna (onde está a luz ou lámpada); a torre (onde están as instancias, sala de control, vivendas, etc.) e a base (que sirve de sostén do faro ante os envites dos temporais). Amais pode ter outras edificacións accesorias como almacéns, vivendas dos fareiros, etc. Dependo da localización, tipo de acceso ao faro, altura do cabo, etc. a súa morfoloxía pode ser moi variable.

Actividade

Identifica as partes do faro nos exemplos de A Torre de Hércules e Cabo Prior, identifica as diferencias entre ambos e razoa o porqué.

A luz dos faros

Hai tres tipos principais de axudas á navegación: as visuais (usando luces), as sonoras (bucinas para cando hai néboa) e radioeléctricas (usando frecuencias de radio).

A lanterna alberga a parte máis importante dos faros: a lámpada. Esta lámpada é moi características xa que está formada por lentes graduadas (lentes de Fresnel) que potencian o alcance da luz. A configuración das lentes e o xiro do soporte fai que cada faro emita uns escintileo dun xeito periódico e característico, o que permite aos navegantes identificar cal é o faro da luz que están vendo. Estas luces poden ser fixas, de ocultación, de escintileo, alternativas, a cores, etc….

Actividade

O primeiro faro en España que utilizou luz eléctrica foi Cabo Vilán en 1886. Pero durante moitos séculos outros tipos de combustibles foron usados para as luces. Poderías dicir que tipos de combustibles foron usados?.

Tipos de faros

Non todos os faros son iguais. Dependendo da potencia das luces, da súa localización, e do tamaño os faros cumpren diferentes funcións de axuda á navegación tanto nas proximidades da costa, como no interior de rías e portos. Podemos distinguir entre faros (guías para a navegación, sinalización de cabos), balizas (sinalización de canles, accidentes ou puntos perigosos para a navegación ) e luces de porto (sinalización dos portos e espigóns).

Actividade

En base á localización dos faros e balizas do Golfo Ártabro tenta deducir cal é a súa función para a navegación daqueles barcos que navegan polo Golfo Ártabro. ¿Cales serían os de maior importancia para os barcos que navegan cara o mar do Norte? ¿Qué función tiña para os romanos o faro da Torre de Hércules?

TipoDistancia Tipo xeral de uso
120Recalada. Aviso de proximidade de terra
218Marcaxe de baías, arrefices, augas de pouco calado
315Localizan grandes baías ou golfos, desembocaduras de ríos, baixos, canles…
410Dirección de entrada a portos e baías
59-5Sinalización de portos e proximidade a terra

Roteiro de Ares a Chanteiro

A paisaxe ten lecturas, dende o punto de vista da bioloxía, a xeoloxía e tamén a narración. Entre as vilas de Ares e Chanteiro hai un sendeiro que percorre a costa e que pasa polas Illas das Mirandas. Un sendeiro […]
Ler máis

Roteiro polo Ferrol Vello

É habitual relacionar a cidade de Ferrol coa arquitectura modernista do barrio da Magdalena, ou coa traxectoria naval e militar, os astaleiros, a ponte das Pías… pero a tradición mariñeira está moi presente nas orixes da cidade. Neste mapa de […]
Ler máis