Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Didácticas > Sociedade

As artes de pesca

As artes de pesca son as técnicas que foron desenvolvidas polos pescadores e mariscadores para extraer os alimentos que nos proporciona o mar, os ríos e os lagos. Xeralmente, cada arte de pesca xurdiu da necesidade de pescar (ou mariscar) algunha especie específica, de ahí que sexan tan especializadas.

No mundo hai moitísimas artes de pesca, algunhas tan curiosas como os «zancos» en Sri Lanka (onde se pesca con cana e anzol desdeun pau duns catro metros de altura) ou as cestas dos pescadores do lago Inle en Myanmar.

Artes e aparellos de pesca en Galicia

A pesca e o marisqueo en Galicia é moito máis que unha actividade económica para gañarse o sustento.Constitúe un modo de vida que forma parte da cultura e da economía. Debido á importante cantidade e diversidade de recursos mariños que presenta, Galicia dispón dunha vasta historia vencellada ao mar, cun desenvolvemento moi relevante das artes de pesca. En Galicia empréganse máis de corenta artes de pesca diferentes.

Para facérmonos unha idea aproximada dos distintos grupos de artes de pesca e aparellos, pódense clasificar nos seguintes grupos:

Para facérmonos unha idea aproximada dos distintos grupos de artes de pesca e aparellos, pódense clasificar nos seguintes grupos:

Anzol

  • Liñas: esta arte é moi simple. Consiste na utilización dunha liña (sedal) cun anzol no seu extremo, normalmente con cebo. Tamén se empregan poteras, na pesca da lura e xibia
  • Curricán: se trata dunha liña cun anzol ou reclamo no seu extremo, que se dispón na popa dunha embarcación mentres esta navega. Para aumentar as probabilidades de capturas pódense empregar varios curricáns ao mesmo tempo.
  • Palangre: trátase dunha arte que se larga á deriva desde unha embarcación, composto dun cordel ou cabo longo do cal penden varias liñas individuais con anzois nos seus extremos. Este arte de pesca permite aumentar as probabilidades de capturas.

Trampas e nasa

Unha das artes de pesca máis antigas e tradicionais. A súa estructura básica é a dunha trampa composta dun esquelete de madeira ou metálico, rodeada dunha rede. Existen diferentes tipos de nasas e trampas en función da especie que se pretenda capturar.

No interior da nasa acostúmase a colocar un cebo como atraínte. Esta arte emprégase moito para a captura do de polbo, nécora, camarón, centola, choco, faneca e congro.

Redes e mallas

Arrastre: consiste fundamentalmente no emprego dunha rede lastrada que varre o fondo do mar, capturando todo o que atopa ao seu paso. É unha arte de pesca non selectiva e que é moi dañina para o ecosistema.

Cerco: esta arte consiste en botar unha rede desde unha embarcación e rodear aos peixes que nadan en cardumen con grandes redes. Nesta arte, se emprega a axuda dunha pequeña lancha que transporta un extremo da rede e vai facendo un círculo ao redor do cardumen ata pechalo. Seguidamente se pecha o fondo da rede quedando todos os peixes atrapados nela. A rede de cerco pode ter de 250 a 1000 metros de lonxitude e uns 50 metros de ancho. A parte superior da rede flota na superficie grazas a uns  flotadores que leva na parte superior. Son utilizadas principalmente para a pesca de peixe azul, como a sardiña, xurelo e cabala.

Enmalle: esta arte consiste nunha rede rectangular con flotadores por arriba e chumbos na súa parte inferior. Os peixes que son máis grandes que o tamaño da luz da malla enrédanse e quedan atrapados ao tentar atravesar as rede. Ademais de capturas de peixe, pódese empregar para a captura da centola. Hai distintos tipos de enmalles  coma o xeito, miños,  betas,  trasmallos,  raeiras, etc., que se diferencian polo número e lonxitude dos panos, luz da malla, etc.

Lanzas e arpóns: hai constancia deste tipo de arte desde tempos prehistóricos, polo que probablemente teña sido a primeira arte de pesca da historia. Son barras de madeira ou metal en cuxa punta hai unha especie de gancho que fai presa e engancha á captura. Hoxe en día emprégase fundamentalmente na modalidade de pesca deportiva por inmersión.

Aparellos de marisqueo: Engloban diferentes instrumentos como a fisga, rasqueta,  fouciño, salabardo, raño, espellos etc. para a captura de moluscos bivalvos, percebe e ourizos tanto a pé como desde embarcación.

Elementos auxiliares: Non son artes de pesca como tal, serven para axudar nos labores de extracción. Algúns son o bicheiro, trueiro,  etc.

Actividades para o aula

1. ¿Que arte de pesca empregarías? É común que cada arte de pesca está especializada en capturar especies específicas. Investiga cales serían as artes de pesca máis axeitadas no caso de querer capturar:

  • Sardiña
  • Polbo
  • Centolo
  • Berberecho
  • Meiga
  • Cigala
  • Lubina

2. ¿Coñeces a túa contorna? Investiga e describe cales son as artes de pesca que se empregan polas embarcacións que teñen base nos portos de Miño, Pontedeume, Redes, Ares, Mugardos e Barallobre. Pódeste axudar dos datos dispoñibles aquí de especies certificadas que se comercializan nas lonxas de Pontedeume, Mugardos e Barallobre.

3. Algo de historia. Investiga e ordena de máis antiga a máis nova as artes de pesca seguintes:

  • Cerco
  • Arrastre
  • Arpón
  • Palangre
  • Raño

Animais mariños extraordinarios

O 70 % da Terra está cuberta por auga, na súa inmensa maioría salgada, conformando océanos e mares, polo que supón o hábitat máis extenso que coñecemos. Mentres que a exploración da biodiversidade terrestre case non garda sorpresas, a dos […]
Ler máis