As condicións naturais do Golfo Ártabro favoreceron dende sempre as actividades pesqueiras e comerciais da rexión. Partindo do exemplo do Museo de Caldoval e a súa Villa a mare, analizamos a importancia destas actividades dende tempos romanos.
O Golfo Ártabro abrangue as rías de Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol e ofrece unas codicións optimas de refuxio e fondeadero para a navegación que non volvemos a atopar ata a ría de Cariño-Ortigueira.
Por esta razón, durante a época romana foi un punto importante para o comercio e a navegación que os xeógrafos grecorromanos Estrabón e Plinio chamaron como Portus Magnus Artabrorum. Recibe o nome de Ártabro da tribu galacia que poboaba esta rexión antes da chegada dos romanos.
Localizar nun mapa do Google Earth do golfo ártabro os lugares onde fondearíades tendo en conta o fondo das rías, a incidencia das mareas, a protección dos ventos dominantes, a localización las principais vilas para comerciar, e a proximidade coas rutas de comercio marítimo cara o Atlántico e cara o Cantábrico.
A partires do século I a.C a presencia romana instálase definitivamente para dominar no territorio. De feito, o propio Xulio César, durante a súa participación nas guerras cántabras, chegou ao porto de Brigantium no ano 68 a.C.
O goberno romano supón unha reestructuación do poboamento galaico anterior, baseado nos castros. Deste xeito, pásase a un modelo de poboamento urbán. Instauranse novas vilas, constrúense de vías de comunicación terrestres, portos comerciais, faros e incorpóranse novas tecnoloxías como a agricultura de arado ou a minería do ouro ou ferro. Amáis, estas sociedades adoptan o Dereito romano e o latín como lingua oficial, que dará lugar ao galego.
Localiza sobre o mapa anterior os xacementos de época romana que foron construidos durante os séculos I e V despois de Cristo (d.C.).
Xacemento | Tipo | Concello | |
Caldoval | Villa a mare | Mugardos | |
Noville | Villa a mare | Mugardos | |
Cariño | Factoría de salgaduras | Ferrol | |
Centroña | Villa a mare | Pontedeume | |
Brigantium e Torre de Hércules | Vila e faro | A Coruña | |
Cambre | Villa rusticae | Cambre |
Una villa a mare é una residencia localizada na costa pero tamén vencellado ás actividades pesqueiras e comerciais.
A excavación arqueolóxica e o método que temos para recuperar os restos antigos soterrados. Pero non só os restos de vivendas ou obxectos (ánforas, cerámicas, ferramentas en metal…), senón tamén toda a información que nos permita comprender cando foi construida a vila, quen habitou nela, canto tempo foi usada, cantas reformas tivo e cando foi adandoda.
Por iso é moi importante rexistrar e catalogar todo o que se atopa. Logo, no laboratorio, o estudo dos materiais poderá dicirnos de onde viñan estas ánforas, onde foron feitas (norte de África, sur da Península, Italia..), qué mercaban (viño, aceite e garum) e así reconstruir as redes comerciais do Golfo Ártabro durante a época romana.
A preservación destes restos é importante. Cando atopámonos ante xacementos excepcionais, como o de Caldoval, que non se poden conservar no propio lugar por mor de construcción (autoestradas, refinerías, etc.) un xeito de preservalo é o seu traslado. O xacemento de acdoval foi trasladdo e reconstruido pedara a pedra no seu lugar de emplazamento actual, a laboura das conservadoras e restauradoras é fundamental para garantir que o xacemento conservarse no lugar
Na villa a mare de Caldoval atopáronse restos arqueolóxcios relacionados coa pesca (pesos de redes, agullas de bronce para redes) e restos de ánforas para o transporte de mercancías.
Segundo os arqueólogos, a súa morfoloxía corresponden ao tipo da Haltern 70. Se as comparamos coas variedades de ánforas atopadas nas escavacións da cidade de Lucus Augusti (Lugo) e as rutas comerciais
O 70 % da Terra está cuberta por auga, na súa inmensa maioría salgada, conformando océanos e mares, polo que supón o hábitat máis extenso que coñecemos. Mentres que a exploración da biodiversidade terrestre case non garda sorpresas, a dos […]
Ler máis
Hai plástico por todos lados, desde o Ártico ata a Antártida, mesmo no noso intestino, ata onde chegan os microplásticos Calquera praia galega contén lixo orixinado en polo menos dez países diferentes, e case todo é plástico. O principal problema […]
Ler máis