Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Didácticas > Historia

A Ameixa Tareixa

Protexe quen coñece. Esa é a mensaxe do programa Ondas de ilusión: escolas de mar, posto en marcha polo GALP para achegar a infancia ós recursos mariñeiros dende o punto de vista da pesca, da natureza e do desfrute do entorno. Entre as actividades se incluiron estas destinadas ó alumnadio de Primaria, coa Ameixa Tareixa de protagonista.

Incluímolas aquí algunhas das actividades para poñer estes recursos didácticos a disposición do profesorado. Foi unha proposta educativa desenvolta pola Cooperativa Cultural Rexenerando.

PROPOSTA 1. AMEIXICIONARIO

Sifón, charneira, bivalvo. Mexilón, zamburiña, volandeira, robaliza. Bou. Mariscadora, rede, raño, gancha. Litoral, ría, costa ártabra. Contaminación.

Cantas palabras podedes atopar que teñan que ver coa Ameixa e a súa vida e contorna? Propoñemosvos facer un “Ameixicionario”, un dicionario de termos e ilustracións que vos quede como recurso para a Biblioteca do cole. Un posible xeito de facelo:

  1. Que cada neno ou nena seleccione un termo. Podedes facer unha choiva de ideas colectiva antes para axudarlle a atopar conceptos.
  2. Na metade dunha folla, que escriba o concepto en grande, un debuxo, e a definición. Para definilo pode axudarse do dicionario ou de internet, pero que o explique coas súas palabras!
  3. Xuntades todas as follas, encadernádelas, facédeslle unha portada, e… Á Biblio! Para que compañeiros e compañeiras poidan aprender tamén!

PROPOSTA 2. PARELLAS MARIÑAS

Cantos amigos e amigas ten a Ameixa aló no fondo do mar! Nesta ac- tividade propoñémosvos elaborar un xogo de parellas coas distintas especies dos nosos mares:

  1. Cada neno ou nena ten un anaco de cartolina branca do tamaño dun cuarto dun folio, e escolle unha palabra do seguinte listado: 1. Mexilón, 2. Zamburiña, 3. Volandeira, 4. Robaliza, 5. Sargo, 6. Faneca, 7. Peixe sapo, 8. Muxe, 9. Cangrexo, 10. Centola, 11. Lapa, 12. Vieira, 13. Navalla, 14. Alga, 15. Ourizo de mar, 16. Es- trela de mar,17. Xarda, 18. Sardiña, 19. Polbo, 20. Raia, 21. Berbe- recho, 22. Mincha, 23. Rodaballo, 24. Meiga, 23. Santiaguiño, 24. Arroaz, 25. Faneca.
  2. Logo, axudándose de internet ou os libros que haxa na aula, es- cribe o nome da especie e debúxaa.
  3. Faise unha fotocopia en cartolina e a cor de cada carta, e con iso temos a baralla para comezar a xogar! (Xa sabedes… cartas dadas a volt a, e hai que atopar as parellas).

→ Podedes prestarlle a baralla unha semana a cada grupo do cole para que outros nenos e nenas xoguen tamén!

PROPOSTA 3. OS MARES COAS MANS

O cheiro, o sabor, o oído… A riqueza dos mares pode desfrutarse con todos os sentidos, tamén o tacto. Propoñémosvos unha refrescante proposta para coñecer coas mans o que temos máis preto:

  1. Cada neno ou nena sae de expedición a unha praia e trae un obxecto que atope na area. Moito ollo, que hai normas: → Non vale… ningún ser que estea vivo ou en proceso de descomposición, nada sucio ou que cheire mal, nada que corte ou poida facer dano → Vale… Cunchas, pedras, plásticos, algas secas,…
  2. Ao mesmo tempo, preparades unha caixa de cartón cun burato polo que colla un brazo, ou un saquiño escuro que non transparente.
  3. Con moito segredo, cada participante amósalle ao mestre ou mestra o tesouro que atopou na praia (para que este avalíe se cumpre os criterios!).
  4. Logo reméxense, e saen voluntarios a meter a man sen mirar, coller un obxecto, apalpalo, e… Adiviñar!

Roteiro polo Ferrol Vello

É habitual relacionar a cidade de Ferrol coa arquitectura modernista do barrio da Magdalena, ou coa traxectoria naval e militar, os astaleiros, a ponte das Pías… pero a tradición mariñeira está moi presente nas orixes da cidade. Neste mapa de […]
Ler máis