Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Novas > Realización de curtametraxes

Cinco centros educativos apúntanse á edición 2019 de Vidas Mariñeiras para facer curtas sobre o mar

Pontedeume, Ares, Mugardos, Narón e Ferrol. O Golfo Ártabro Norte será percorrido pola mirada de máis de oitenta escolares que se suman ó programa de formación audiovisual promovido polo GALP. O programa arranca o próximo 30 de setembro, adiantándose unha semana ó calendario previsto.

Inscripción pechada e cupo cuberto. O programa formativo en audiovisual Vidas Mariñeiras chegará este ano a cinco centros educativos da contorna que se suman á iniciativa posta en marcha no 2017 polo GALP Golfo Ártabro Norte. Entre os centros participantes hai dous veteranos no uso do audiovisual para contar o territorio: o CPI As Mirandas de Ares, que participa por segunda vez, e máis o IES Breamo de Pontedeume, que estivo en tódalas edicións. Para o resto dos centros será a súa primeira experiencia con Vidas Mariñeiras: IES Mugardos, IES Ferrol Vello e IES Terra de Trasancos, de Narón.

A idade dos escolares participantes vai dende os once ata os dezasete anos, coa implicación de profesorado de disciplinas como música, debuxo, historia e lingua galega. A formación arranca o luns 30 se setembro no IES Ferrol Vello, adiantandose unha semana ó plan previsto para poder atendar a demanda de tantos centros. De feito, é a primeira vez que se suman cinco participantes. A formación, que será moi practica, desenvolverase durante o mes de outubro, tempo no que se preparará un guión e plan de rodaxe. No mes de novembro gravaranse as pezas e a súa estrea está prevista para decembro de 2019 nun evento que pretende ser unha xornada de convivencia e celebración do mundo do mar.

Ademais da realización ads curtametraxes, Vidas Mariñeiras tamén fará unha recollida de fotografías antigas na que se invitará a participar ó resto de centros educativos da zona. O obxectivo é crear un arquivo e unha exposición itinerante que difunda a memoria histórica do sector pesqueiro do Golfo Ártabro Norte.

Ábrese a inscripción da edición 2019 do programa Vidas Mariñeiras, destinado á comunidade educativa

Os centros de secundaria e formación profesional dos municipios de Ares, Miño, Mugardos, Pontedeume, Paderde, Cabanas, Neda, Fene, Narón e Ferrol poden sumarse un ano máis ó proxecto Vidas Mariñeiras que cumpre neste 2019 a súa terceira edición. O programa […]
Ler máis

Arrancan as rodaxes sobre o mundo do mar con percebeiros, mariscadoras, baixura, mulleres e lendas do Golfo Ártabro Norte.

As luces da costa identificadas nunha taberna e nun faro; o relevo xeracional na baixura; a inspiración nas lendas e na tradición mariñeira; o marisqueo como forma de vida; o pasado mariñeiro desdibuxado… Estos son os temas ideados pola rapazada […]
Ler máis