Bogar nas rías de Pontedeume ou Miño, camiñar as Fragas do Eume e a Reserva da Biosfera… Marmar Outdoor organiza actividades creando un novo valor para o territorio.
Nas rías de Miño, Pontedeume e Ferrol traballan centos de persoas extraendo ameixa, berberecho e otros moluscos dende embarcacións con raño. A pé de peirao explican como.
O dique de mareas da Cabana, na ría de Ferrol, construíuse en 1810 e foi restaurado no 2019 cunha axuda do GALP Golfo Ártabro Norte. É a primeira industria naval civil da zona da Graña.
Os barcos do cerco aproveitan os días que non saen ó mar para preparar as redes. No peirao de Ares, a tripulación do Agarimo Dous repara redes de reposto para evitar imprevistos na mar.
Unha serea, un nobre e un castelo sumerxido baixo as illas das Mirandas. Estes son os ingredientes desta lenda inspirada nunha das rutas máis impresionantes do Golfo Ártabro Norte.
Mercedes Aranceta supervisa trinta e tres luces na costa dende Miño a Ferrol, incluindo os faros de Punta Frouxeira, Prioriño Chico e Cabo Prior. Visitamos con ela, este último.
As artes de enmalle, como a do Miño, empréganse na pesca artesanal para adaptarse ás tempadas de cada captura. Saímos co Yak 42, de Ares, a pescar centola para o nadal.