Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Mapa

Contidos xeorreferenciados para poñer imaxe e voz ó territorio.

Aprende Consume Descubre

Lonxa de Ferrol

Xa hai anos que a poxa a viva voz foi substituída nas lonxas por unha aplicación web. Na de Ferrol as seis da mañá faise a do peixe e marisco, e as dúas, a dos bivalvos capturados na ría.

Caldeirada de escacho

O escacho é un peixe de roca que podemos atopar todo o ano no mercado. Así o prepara en caldeirada o alumnado do IES Fragas do Eume de Pontedeume.

Ameixa fina ou xapónica?

A ameixa é un dos produtos estrela do Golfo Ártabro Norte. No caso de Pontedeume abundan a xapónica e a fina, con prezos e propiedades gastronómicas moi diferentes.

Conversa en Meirás

A mañá dos percebeiros de Meirás non remata nas rocas, antes de ir á lonxa limpan e seleccionan o produto. É o momento de valorar a xornada e tamén, de botar un conto, claro.

Centolo ou centola?

A Confraría de Barallobre, en Fene, ten venda directa do marisco da ría dende a súa lonxa ou online. E de paso, axúdannos a escoller, como nesta explicación do seu patrón, Jorge López.

Lonxa de Ferrol

Hai anos que a poxa de peixe cantada substituíse por unha aplicación web. Visitamos a da lonxa de Ferrol, onde aparte da poxa profesional, a confraría ten un punto de venda directa.

Polbo á mugardesa

Cocer o polbo ó vapor ten vantaxes, no sabor e no rendemento. Así fan en Amaragotas Restaurante, de Mugardos, onde fusionan cociña tradicional galega con receitas do Brazil.