Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Novas > Realización de curtametraxes

As curtametraxes gañadoras do Ártabro Norte proxéctanse na Casa da Cultura de Pontedeume

A Casa da Cultura de Pontedeume acolle o martes 12 de febreiro a partir das 18:30 a proxección dos proxectos gañadores do concurso pedagóxico audiovisual Vidas Mariñeiras 2018 que organiza por segundo ano o GALP Golfo Ártabro Norte. A entrada é libre e de balde.

Os traballos levan por título Abrir os ollos, unha peza feita polo alumnado de 4º de la ESO do IES Breamo arredor da contaminación na desembocadura do Eume e Atlántico de plástico, feita por alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Canido de Ferrol, que fala da contaminación por microplásticos partindo dunha xornada de surf no corpo dunha das cineastas.

A maiores, o público poderá ver Entre o río e o mar, curtametraxe realizada o pasado ano por alumnado de 3º da ESO do ÏES Breamo de Pontedeume, que levou o premio ao mellor guión no Certame de cinema OUFF Escola (Ourense Film Festival) 2018.

Estrea de “Abrir os ollos” e “Atlántico de plástico” no Jofre

As sesións de teoría e de práctica en guionización, dirección e realización dun filme que durante un par de meses o alumnado gañador do concurso de ideas remataban neste broche final por todo o alto, coa presencia dos protagonistas, colaboradores, […]
Ler máis

Vidas Mariñeiras inicia a creación dun fondo fotográfico histórico para recoller a memoria visual da zona

A memoria fotográfica do mundo do mar. Ese é o tema da exposición que o GALP Golfo Ártabro Norte quere abordar coa posta en marcha dunha recollida de fotografías antigas. Nun principio, traballarase cos centros educativos dos municipios da contorna, […]
Ler máis