Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Novas

Arrancan as rodaxes sobre o mundo do mar con percebeiros, mariscadoras, baixura, mulleres e lendas do Golfo Ártabro Norte.

Preto de cen estudantes de Pontedeume, Ares, Mugardos, Narón e Ferrol comezan a gravación das historias que idearon no obradoiro de audiovisual durante o mes de outubro. A primeira rodaxe foi en Mugardos, cun coloquio que será o fío condutor da peza.

As luces da costa identificadas nunha taberna e nun faro; o relevo xeracional na baixura; a inspiración nas lendas e na tradición mariñeira; o marisqueo como forma de vida; o pasado mariñeiro desdibuxado… Estos son os temas ideados pola rapazada participante na terceira edición de VIDAS MARIÑEIRAS, o programa de formación audiovisual do GALP Golfo Ártabro Norte. En total serán seis curtametraxes que mesturarán documental, ficción e propostas máis experimentais como parte dunha experiencia educativa que pretende achegar os máis novos ó mar. 

Os centros participantes son CPI As Mirandas de Ares, IES Breamo de Pontedeume, IES Mugardos, IES Ferrol Vello e IES Terra de Trasancos, de Narón, cun total de preto de cen alumnos e alumnas de entre 13 e 18 anos. Algunhas das pezas xa tiveron unha primeira xornada de rodaxe, se ben a maioría comezan a semana do 11 de novembro.

Cinco centros educativos apúntanse á edición 2019 de Vidas Mariñeiras para facer curtas sobre o mar

Inscripción pechada e cupo cuberto. O programa formativo en audiovisual Vidas Mariñeiras chegará este ano a cinco centros educativos da contorna que se suman á iniciativa posta en marcha no 2017 polo GALP Golfo Ártabro Norte. Entre os centros participantes […]
Ler máis

Estreamos as seis curtas da edición 2019 de Vidas Mariñeiras cun evento no Teatro Jofre de Ferrol

Durante máis de dous meses, preto de cen estudantes desenvolveron unha creación audiovisual dentro do programa VIDAS MARIÑEIRAS, promovido polo Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ártabro Norte. Na súa terceira edición, foron cinco os centros que participaron desta formación […]
Ler máis