Un proxecto para coñecer o territorio
do GOLFO ÁRTABRO NORTE

Novas > Realización de curtametraxes

Ábrese a inscripción da edición 2019 do programa Vidas Mariñeiras, destinado á comunidade educativa

A práctica audiovisual como forma de achegarse ó mundo do mar, conectar con el e contalo cunha mirada e relatos propios. Ese é o obxectivo do programa de formación audiovisual Vidas Mariñeiras destinado á alumnado de secundaria, bacharelato e mais FP, e que arranca o próximo 1 de outubro.

Os centros de secundaria e formación profesional dos municipios de Ares, Miño, Mugardos, Pontedeume, Paderde, Cabanas, Neda, Fene, Narón e Ferrol poden sumarse un ano máis ó proxecto Vidas Mariñeiras que cumpre neste 2019 a súa terceira edición. O programa consiste en crear unha curtametraxe relacionada co mundo do mar para poñer en valor o patrimonio natural, social e histórico do mundo pesqueiro, creando novos vínculos co territorio que esperten unha curiosidade activa e transformadora na mocidade. 

A formación desenvólvese entre os meses de outubro e novembro, cunha sesión dobre cada semana e as curtametraxes serán estreadas en decembro no Teatro Jofre de Ferrol. O número máximo de centros cos que se traballará é de catro, cun grupo de entre 10 e 20 alumnos por centro. Pódense consultar as BASES nesta web e é necesario cubrir o formulario de INSCRIPCIÓN. Calquera dúbida pode consultarse no teléfono 637 55 89 79 ou no correo info@vidasmarineiras.com 

Vidas Mariñeiras inicia a creación dun fondo fotográfico histórico para recoller a memoria visual da zona

A memoria fotográfica do mundo do mar. Ese é o tema da exposición que o GALP Golfo Ártabro Norte quere abordar coa posta en marcha dunha recollida de fotografías antigas. Nun principio, traballarase cos centros educativos dos municipios da contorna, […]
Ler máis

Cinco centros educativos apúntanse á edición 2019 de Vidas Mariñeiras para facer curtas sobre o mar

Inscripción pechada e cupo cuberto. O programa formativo en audiovisual Vidas Mariñeiras chegará este ano a cinco centros educativos da contorna que se suman á iniciativa posta en marcha no 2017 polo GALP Golfo Ártabro Norte. Entre os centros participantes […]
Ler máis