Na edición 2019 de Vidas Mariñeiras realizouse unha recopilación de fotos antigas dos municipios que integran o territorio do Golfo Ártabro Norte. Neste vídeo recollemos unha selección que inclúe imaxes dos municipios que participaron no proxecto deste ano: Mugardos, Ares, Pontedeume, Ferrol e Narón. 

Algunhas destas imaxes foron proporcionadas por alumnado e destacan as dos traballadores na flota de altura de Terranova coa industria do bacallau.