Mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus antigos oficios. Emocionantes filmacións e fotografías de arquivo, xunto cos poemas de Luisa Castro e de Manuel María, acompañan esta memoria de Foz.

Realizada por: Iria Araúzo, Rosa Martín, Eva Martínez, Manuel Menacho, Carla Neira, Carla Palmeiro, Marta Rega, Yan Rodil e Uxía Rodríguez.