Mesturando de forma valente diferentes narrativas cinematográficas (ficción, documental, ensaio), o filme Atlántico de plástico amosa unha rigorosa investigación realizada polas súas autoras sobre a contaminación que supoñen os microplásticos nas nosas praias e mares.

Realizada por: Alba Díaz-Caneja, Claudia Felgar, Carlos Pouso, Sara Romero, Inés Rosa, Carmen Mato, Nicolás Tajes, Ana Rubín, Candela Blanco e Paola Arroyos.