Vidas Mariñeiras
Memoria visual da costa

Durante o 2019, xunto coa realización de curtas, poñemos en marcha a creación dun fondo fotográfico con imaxes antigas dos municipios de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume. O obxectivo é crear unha exposición itinerante coas fotografías recollidas aportadas pola comunidade educativa. Para participar so tes que escanear fotos e enviárnolas xunto co formulario que podes descargar a continuación. 

info@vidasmarineiras.gal

Novas

Vidas Mariñeiras inicia a creación dun fondo fotográfico histórico para recoller a memoria visual da zona

13/09/2019

A iniciativa é un proxecto colaborativo destinado nun principio a centros educativos. Pretende recoller fotos antigas relacionadas co mundo do mar dos municipios de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene, Ares, Mugardos, Neda, Narón e Ferrol para crear un álbum dixital e unha mostra itinerante.

Ler máis