Vidas Mariñeiras
Golfo Ártabro Norte

O programa VIDAS MARIÑEIRAS Golfo Ártabro Norte está dirixido ao alumnado de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume. En setembro de 2018 ábrese de novo o prazo para a presentación de proxectos para o programa, que contempla a selección, titorización e desenvolvemento de varios proxectos cinematográficos que darán como resultado unha serie de filmes representativos de diferentes aspectos da vida e a paisaxe do mar e da costa. Contacta connosco se precisas máis información:

golfoartabronorte@vidasmarineiras.gal

Películas

Entre o río e o mar

Dirección: alumnado de 3º da ESO do IES Breamo, Pontedeume

De corazón, mariñeiro

Dirección: alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI A Xunqueira, Fene

Marea de mulleres

Dirección: alumnado de 4º da ESO do CPI As Mirandas, Ares

Novas

Seleccionados os proxectos e os centros da nova edición de "Vidas Mariñeiras"

08/10/2018

Alumnas e alumnos dos IES de Canido (Ferrol), Breamo (Pontedeume), Monte Castelo (Burela) e Foz, comezarán esta semana a formarse nos principios básicos do audiovisual e a desenvolver os seus proxectos dentro do programa "Vidas Mariñeiras" para o curso 2018-2019. 

Ler máis

Volve Vidas Mariñeiras ao Golfo Ártabro Norte, tras o éxito da primeira edición

17/09/2018

Por segundo ano o programa audiovisual Vidas Mariñeiras chega aos concellos do Golfo Ártabro Norte. O prazo para que grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato, presenten ideas relacionadas coa vida e a paisaxe na costa ou que teñan como punto de partida o retrato dos oficios vinculados ao mar remata o 3 de outubro.

Ler máis

As curtametraxes de Vidas Mariñeiras, xa dispoñibles na web

27/12/2017

As curtametraxes de Vidas Mariñeiras están xa dispoñibles para ver en liña na web de Vidas mariñeiras. Son o resultado do traballo realizado polo alumnado dos centros públicos CPI As Mirandas (Ares), CPI A Xunqueira (Fene) e IES Breamo (Pontedeume), entre outubro e decembro de 2017 durante a primeira edición do programa.

Ler máis