Vidas Mariñeiras
A Mariña-Ortegal

O programa VIDAS MARIÑEIRAS A Mariña-Ortegal está dirixido ao alumnado de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo. En setembro de 2018 ábrese o prazo para a presentación de proxectos para o programa, que contempla a selección, titorización e desenvolvemento de varios proxectos cinematográficos que darán como resultado unha serie de filmes representativos de diferentes aspectos da vida e a paisaxe do mar e da costa. Contacta connosco se precisas máis información:

amarinaortegal@vidasmarineiras.gal

Novas

Un concurso dirixido ao alumnado premia as mellores ideas sobre o mar e a vida nel para despois filmalas

17/09/2018

O programa audiovisual Vidas Mariñeiras chega este curso aos concellos d´A Mariña-Ortegal. O prazo para que grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato presenten ideas relacionadas coa vida e a paisaxe na costa ou que teñan como punto de partida o retrato dos oficios vinculados ao mar nesta zona costeira remata o 3 de outubro.

Ler máis