Docentes

Docentes do programa «Vidas mariñeiras» desde o seu inicio en outubro de 2017.

Cristina de la Torre

Licenciada en Historia, con Máster en Medios de Comunicación. Ten traballado en prensa escrita, radio e televisión como xornalista. No 2007 dirixiu o seu primeiro documental Apartado 12, e no 2016 estreou Santoalla, documental do que foi xefa de produción. Tamén fai proxectos culturais, museísticos e de de memoria histórica como Pantasmas de Oza.

Está especializada en formación audiovisual para centros educativos. O seu proxecto A lus do Mundo, realizado co IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, recibiu o premio Nacional de Educación. Outros como Verbas, O secuestro e Os Camiños Esquencidos, foron premiados nos festivais Olloboi e OUFF Escola.

Carlos Regueira

Técnico de imaxe e son con experiencia na realización de curtametraxes, vídeos corporativos e de eventos. Ten traballado en diferenets produtoras e televisións locais e na actualidade é propietario de Audiovisuales Castilla, unha empresa de instalacións de son e visuais.

Marcos Flórez

Coordinador de docentes Vidas Mariñeiras
Socio traballador de NUMAX, onde se desenvolve como editor de vídeo e formador. A través do programa de pedagoxía Cinema en Curs, imparte aulas en centros de primaria e secundaria orientadas á formación cinematográfica, tanto na súa vertente teórica como práctica. Como editor de vídeo ten asinado máis de dez filmes estreados nos últimos anos nas pantallas españolas, como El honor de las injurias (Carlos García-Alix, 2007), El último verano (Leire Apellániz, 2016) ou Arima (Jaione Camborda Coll, 2018). Como director ten asinado Up Against The Wall Motherfuckers! (2013) e Volontè (2015). É responsábel de contidos audiovisuais do (S8). Mostra de Cinema Periférico.

Xiana do Teixeiro

Cofundadora da produtora Walkie Talkie Films (2008), Xiana traballa sobre o relato íntimo, a identidade e a construción de xénero, e tamén sobre ecoloxía. Autora do Proyecto Diario, investigación artística e filme en produción sobre o diario íntimo feminino adolescente. Gañadora de X Films no Festival Punto de Vista co seu proxecto Carretera de una sola dirección (2016). A súa primeira longametraxe, Tódalas mulleres que coñezo (2018), é un documental participativo sobre espazo público, xénero e violencia. Xiana é tamén Doutora en Comunicación Audiovisual (UAB) e creadora e produtora musical (Ta!, The Adaptation Dance).

Emilio Fonseca

Realizador audiovisual e debuxante. Cofundador da produtora Walkie Talkie Films (2008), especializada en documental de autor e cine experimental. Licenciado en CC Audiovisual (UCM), estudou cine e animación (ECAM) e formouse como investigador en imaxe e semiótica na UCM. É autor do documental Queimar o Monte (2012), sobre as causas dos incendios na Galiza. Codirixiu xunto a Xiana Gómez os ensaios documentais Somos Plaga e Soy Muro, para a serie de pensamento e arte «Soy Cámara», do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), e produciu e codirixiu a serie de documental televisivo Tallers Sonors (2008-11) para a Xarxa de Televisions Locals de Catalunya. Autor dos cómics Fóra de Mapa, Premio Castelao de Banda Deseñada 2016, e Verde Invisible, parte do proxecto da cooperación española Chaco Ra’anga (2016-2018).

Xurxo Ínsua

Xurxo ten traballado como docente, deseñador gráfico, comisario de exposicións (alt-architecture, con Érika Goyarrola, Caixaforum, 2016), e dando apoio á investigación no departamento de Historia da Arte da UB. Conceptualizou e coordinou o proxecto documental online Barcelona, darrera mirada (2015) para o Institut de Cultura de Barcelona,  cun equipo multidisciplinar de historiadores, profesionais do audiovisual e programadores. É licenciado en Belas Artes e cursou estudos de posgrao no Máster en investigación etnográfica, teoría antropolóxica e relacións interculturais da UAB.

Xacio Baño

Xacio Baño (Xove, Lugo) estuda cinematografía na Universidade de León. Especialízase en edición e montaxe. Produce, escribe e dirixe varias curtametraxes (Anacos, Ser e voltar, Eco) presentes en festivais coma Locarno, BAFICI, NewDirectors/NewFilms MoMA, Clermont-Ferrand, Telluride Film Festival, Slamdance, Mar del Plata… En 2016 seleccionárono coma un dos dez talentos emerxentes do cinema español pola revista Variety. En 2018 estreou en Locarno a súa primeira longametraxe de ficción, Trote, tamén presente na sección Zabaltegi do Festival de San Sebastián 2018.