Entre o río e o mar, curtametraxe realizada o curso pasado por alumnado de 3º ESO do IES Breamo, e que tamén foi finalista nos premios Olloboi 2018 na categoría documental, recibiu onte o premio ao mellor guión no IX Certame de cine OUFF Escola, dentro da 23ª edición do Ourense Film Festival.

A curta realizouse dentro do programa "Vidas Mariñeiras" impulsado polo GALP Golfo Ártabro Norte o pasado ano.

O porto de Pontedeume foi o escenario escollido para rodar Entre o río e o mar, que amosa os oficios das xentes da zona no lugar onde se xuntan as augas do río Eume e do mar.