A Casa da Cultura de Pontedeume acolle o martes 12 de febreiro a partir das 18:30 a proxección dos proxectos gañadores do concurso pedagóxico audiovisual Vidas Mariñeiras 2018 que organiza por segundo ano o GALP Golfo Ártabro Norte. A entrada é libre e de balde.
 

Os traballos levan por título Abrir os ollos, unha peza feita polo alumnado de 4º de la ESO do IES Breamo arredor da contaminación na desembocadura do Eume e Atlántico de plástico, feita por alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Canido de Ferrol, que fala da contaminación por microplásticos partindo dunha xornada de surf no corpo dunha das cineastas.

A maiores, o público poderá ver Entre o río e o mar, curtametraxe realizada o pasado ano por alumnado de 3º da ESO do ÏES Breamo de Pontedeume, que levou o premio ao mellor guión no Certame de cinema OUFF Escola (Ourense Film Festival) 2018.